Blogia
NEN@S de ÁLVAREZ LIMESES

BENVIDA

WELCOME -BENVIDOS-AS !

WELCOME -BENVIDOS-AS !

 

Ola a tod@s!

Hello everybody!

 Como xa vos dixen na clase ,xa temos BLOG para poder consultar dúbidas e por si acaso tiñamos algunha  sobre as tarefas encomendadas aquí terás unha "copia de seguridade".

 Tamén ides ter as páxinas web que utilizamos durante o curso, por si algunha non está ben copiada na libreta porque ese día tiñades un pouco de "fame" e comíchedes algunha letra.

Non esquezas apuntalo ben na libreta para poder visitala cando vaiamos a clase de Informática ou na casa se tes a sorte de ter ordenador con conexión a INTERNET.

 Aproveito para devirvos que Lieven Van Parys o promotor do Proxecto Internacional "Virtual zoo" no que participamos sendo a única escola española ata o de agora, xa colgou na súa web as nosas imaxes que podedes consultar si no enlace do zoo de chenilla buscades nos debuxos das cinco xirafas ou a xirafa na illa.

 Coñecedes a alguén nestas imaxes?               

  Pouco a pouco seredes vos os que escribades este "Diario"  que espero que coa axuda de todos vaia "medrando" día a día como os nosos "LIBROS QUE MEDRAN".           

                              

 A versión en inglés   "VIRTUAL GROWING BOOKS"   terá a sua propia BLOG que compartiremos cós colexios hermanados có  noso proxecto                              

  como a Szkoła Podstawowa nr 13 im. Tadeusza Kościuszki w Chorzowie in Poland

 

 Xa non queda nada para as vacacións e é tempo de descansar e pasalo ben, pero non vos esquezades de envíar a carta ó cole para poder compartir todos ese sitios tan marabillosos que ides visitar.

 Para que os vaiades orientando á volta, podedes practicar con este mapa de Europa porque seguro que entre as viaxes e as cousas que ides traer da casa de viaxes anteriores imos coñecela moito millor. Para repasar as capitales tedes outro mapa interactivo nesta páxina.

Tamén podedes practicar dentro do enlace de actividades clic con estas actividades sobre os países membros da Comunidade Económica Europea, pero non está actualizada e só hai 15 dos 25.

Para saber un pouco máis nesta bandera terás máis información.

                                     

   Nesta outra aprender un pouco máis sobre eses países, as súas banderas, monumentos...etc.

Fixádevos ben onde está POLAND .

Location of Poland

 Vale a pena ver as imaxes de paxaros en Polonia que compararemos coas nosas do Río dos Gafos e do PARQUE DAS ILLAS ATLÁNTICAS  que podes localizar neste mapa.

 Nesta outra páxina podes atopar información en galego. se queres ver máis imaxes tes moitas  máis páxinas na Rede .

 Procurarei estar por aquí nas vacacións por si tivérades algunha dúbida e vos puidera axudar.

 Non esquezades poñer os vosos nomes nos comentarios.

  THE GINGERBREAD MAN

 

Algún todavía tedes na vosa carpeta a vosa"Christmas card " sen rematar ou un pouco estropeada.

Nestas vacacións coas bandexas de poliespán podes seguir facendo o resto dos animais que aparecían na historia.

 Nesta páxina atoparás axuda para refrescar a memoria.

 Tamén atoparás más historias en inglés aquí.

 Tamén poderías  ir ensaiando para canto te toque facer de "contacontos" que seguro que haberá alguén na casa ó que lle guste escoitar como lle contas esta historia.

 Na mesma páxina onde se atopa esa historia tedes outras moitas actividades para practicar e aprender sobre EASTER.

 

 ENJOY YOUR HOLIDAYS!