Se muestran los artículos pertenecientes al tema CLASES DE INGLÉS 4ºB.
DIARIO DE 4ºB

Diario de 4º
Hoxe día venres a profe dixo que tiñamos que escribir todos os detalles que fixéramos no diario.
Hoxe seguimos có dos países e outros compañeiros meus trouxeron cousas dos sitios onde foron a nai, a avoa, o pai etc.
Díxonos que para o luns os que tiñamos algo dos países tiñamos que traelo.
Tamén dixo que íamos remat-lo activity book.
E nos dixo algúns deberes das páxinas do libro,
Logo fumos a clase de Informática e entramos nuns xogos divertidísimos dixo que había que poñelo en Inglés pero na casa ti podes escoller o idioma que queiras.
Eu xoguei a un xogo de gañar diñeiro e outro que era de acertar banderas, a un de preguntas e outro de música na que non tiñamos altavoces e non se oía.
Foron uns xogos moi divertidos.
Tamén dixo que non podíamos darlle a bola do mundo porque a ese xogo xa xogáramos e para que véramos outros distintos e non fose só o dos avións.
Paseino moi ben na clase de Inglés!
Andrea Requejo 4ºB“ Eu xoguei cun para aprender cousas sobre Europa e tamén xoguei cunha nave espacial para aprender os números en Inglés, todo en Informática.
Divertido!
Verónica 4ºB
“Un dos xogos era de coller moedas e metelas nun cestiño.
Foi moi chulo!
Logo tocou o timbre e foi unha pena porque queríamos quedar a xogar aunque espero que no próximo día nos leve.
Paseino moi ben!
Hoxe a profe estivo vendo quen trouxo os diarios e os debuxos desta semana que nos mandara facer da comida favorita, libro favorito, e o xogo favorito ó aire libre.
Do activity book mandounos as páxinas 71 que son do día da nai e recortar as tarxetas das últimas páxinas .
Despois fumos ó ordenador e estivemos xogando cada un ó xogo que quiso.
Eu estiven xogando a un que tiñas que darlle a un dado e según o número que tocaba ías avanzando casillas e depende da casilla que caeras ou facíante unha pregunta ou quitábante un punto etc
Aldara
Eu xoguei a facer un puzle da catedral de Santiago , non me deu tempo acabalo porque era difícil e xusto tocou o timbre.
CarlaCLASE DE INGLÉS de 4ºB 10th-5-2006

“Hoxe 10-5-2006, a profesora mandou sacar todo o que tivéramos doutros países e sacoulles fotos un por un ó que trouxemos.
Tamén mandou sacar o activity book para mandarnos un tema e fúmolo facendo ata que nos dixo que fixeramos a fila para ir á aula de Informática.
Fumos, puxémonos na páxina nova e xogabas cunha páxina que trataba dun helicóptero que ía de viaxe por Europa.”
Jose Manuel Mosquera 4ºB
“Hoxe estivemos colocando na mesa as cousas que leváramos doutros países, e a profe estivo sacando fotos .
Cada un tiña que explicar de ónde era e quén fora da sua familia, ou amigos que estiveran neses país.
Despois mandounos facer o tema sete enteiro para xa o Luns acabar o Activity book.
Logo fumos a sala de Informática entramos nunha páxina onde estaban os diarios da clase de 4º.
Tamén lle demos un click a un mapa que había e aparecía o país ó que lle deramos, e cando acabamos de velo estivemos xogando
Tratábase dun helicóptero que tiña que buscar puntos vermellos e uiso era un país pero tiña que ir con coidado porque podía chocar cun avión e volvía ó punto de partida”.
Aldara 4ºB.
“…Onte fumos a Informática e xogamos a un xogo de ordenador .
Era dun helicóptero que recorría Europa e aprendemos os nomes das capitais en Inglés e os nomes dos países . Eu fun a Londres no xogo.
Era moi divertido.
Antes de Informática, dixo que tiñamos que traer cousas doutro pais .
Non facía falta que tiveras ido ti a ese país.”
Anxo 4ºB
4ºB Monday the 8th of May
"Hoxe a profe díxonos que trouxéramos cousas que tiveramos por casa de algún país que non sexa España e entre todos faremos un traballo.
Non fomos a Informática pero dixónnos a profesora Mela que habia unha páxina para debuxar, que eu non me acordo cal era.
Despois nos mandóu copiar na libreta de apuntes catro reloxos con a media, en punto, e cuarto e menos cuarto.
De seguido na mesma libreta pusimos o que facemos no día por exemplo:
Me levanto,desayuno e a qué hora o realizo.
E por último mandounos para casa o ejercicio 3 da páxina 32 do Activity.."
Verónica 4ºB
“…como o día seguinte o Martes era o día de Europa, dixo que trouxéramos cousas de outros países que non foran España e se pudieran ser da Comunidade Económica Europea. Aclarou as dúbidas de compañeiros que lle preguntaban, o tipo de cousa que podrían traer…
Copiamos tamén os verbos da lección na libreta…..”
Santiago Martínez 4ºB
CLASE DE INGLÉS de 4ºB II

Venres 5 de MAIO DE 2006
"Hoxe a profe estivo vendo quen fixo o diario e os Activity books. Algúns nenos leeron en voz alta o seu diario para que os demáis correxiran-completaran o que lles faltaba... "
Aldara 4ºB
"...eu fixera todo o que nos mandou, só que o Activity quedoume na casa.
Tamén recordounos, que a partir do Luns , tiñamos que levar (os que tiveramos) cousas de outros países , porque o Martes é o día de Europa.
A profe escolleu os diarios de Icíar, Carla e Rubén para poñelos na BLOG do cole.
A ver si algún día escolle o meu¡"
Marta 4ºB
"...logo díxonos que para a semana que ven os catro debuxos do libro-album de fotos eran:
a nosa comida favorita, a nosa bebida favorita, o noso libro preferido, e o xogo ó que máis nos gustaba xogar ó aire libre"
Pablo Lloveres 4ºB
Mela dixo...
Podedes repasar - aprender os nomes dos países que forman a comunidade económica Europea se buscades no artigo inicial de Benvida , a bandeira da Comunidade Económica Europea. Este mapa interactivo tamén axudavos cós nomes dos países Europeos en Inglés.
CLASE DE INGLÉS de 4ºB

“Hoxe a profe de Inglés dixolle a Lloveres que fixera un traballo fantástico cós BUGS.
En clase estivemos cós ejercicios do Activity book do tema dos bichos.
Tamén estivo pedindo as imaxes que mandara facer para a casa: as caras exresando emocións de repaso da unidad .
Ensinámoslle ademáis os catro debuxos desta semana para o libro-album de fotos,nosa casa-edificio, plano distribución, o noso cuarto e cousa preferida da nosa habitación. ![]()
![]()
![]()
![]()
![]()
![]()
![]()
![]()
![]()
![]()
![]()
![]()
![]()
![]()
![]()
![]()
Díxo que foramos buscando na casa obxetos, cousas de países extranxeiros porque íamos traballar con eles a seguinte semana.
Tamén dixo que xa estaban en Internet as fotos que fixeramos na Biblioteca para oProxecto do zoo de chenilla”.
Carla 4ºB
“A profe recordounos que para o día 15 teremos rematado o activity book .
Está ben facer este diario porque así logo a fín de curso sabes o que fixeche.
Algúns compañeiros non tiñan rematadas as tarefas eu sí, aínda que colorei o plano e non tiña que colorealo. Veu si tiñamos todo-los deberes feitos.
Foi un bo día de traballo e paseino ben."
Izíar 4ºB
O traballo que fixo LLoveres , que nos ensinou tiña os nomes dos bichos en castelán, galego, o seu nome cientíco en la tín e en inglés.
Eu tamén ensineille os folletos da viaxe que fixo a miña avoa a Londres que teño que volver traelos a semana que ven.
Non tivemos tempo tempo de ir a Informática porque tocou o timbre"
Rubén 4ºB
Mela dixo.....
Non só foi fantástico o traballo de Pablo Lloveres, moi completo e que fixo moito do que nos íamos facer na clase de Informática. Ademáis trouxo os enlaces das páxinas que utilizou, para que vos tamén podades consultalas dende casa.Esta é a páxina cós nomes en Latín e Inglés. Nesta outra que temos nos nosos enlaces "a vida nos ríos galegos"atoparedes os nomes en Galego.
Noraboa a todos porque vai crecendo o noso diario, pero xa sabedes que aínda que sexa pouquiño xa vamos a empezar a escribilo en Inglés.
Podedes repasa os días da semana e os meses nesta outra páxina coa axuda do canciño Bob.

