Blogia
NEN@S de ÁLVAREZ LIMESES

A CLASE DE GALEGO de 5ºB

A CLASE DE GALEGO de 5ºB

 Mércores 3 de maio de 2006

Hoxe levei para a miña casa moitísimos deberes,cinco para ser exactos,e para ser o primeiro día despois dos que tivemos de festa xa é un pouco raro.

 Coa profesora Mela falamos sobre as cartas que había que mandar nas vacacións de Semana Santa.  Despois collimos o xornal,  dimoslle un repaso e ó final collimos o suplemento"La Voz de la Escuela" .

Dentro viñan dúas fotografías de animais, unha dun oso pardo e a outra era dun parrulo.

Pero antes de facer nada aprofesora decatouse de que tiñamos que apuntar na axenda unha axuda para ordenadores, iso foi o máis importante das dúas clases.

Tamén puxo dous deberes, un que trataba de encontrar no suplemento animais e plantas e o outro que trataba de facer un esquema dunha noticia sobre as línguas de España.

                                                                                                                          Diego SANTOS 5ºB

0 comentarios