A CLASE DE GALEGO de 5ºB
Mércores 3 de maio de 2006
Hoxe levei para a miña casa moitísimos deberes,cinco para ser exactos,e para ser o primeiro día despois dos que tivemos de festa xa é un pouco raro.
Coa profesora Mela falamos sobre as cartas que había que mandar nas vacacións de Semana Santa. Despois collimos o xornal, dimoslle un repaso e ó final collimos o suplemento"La Voz de la Escuela" .
Dentro viñan dúas fotografías de animais, unha dun oso pardo e a outra era dun parrulo.
Pero antes de facer nada aprofesora decatouse de que tiñamos que apuntar na axenda unha axuda para ordenadores, iso foi o máis importante das dúas clases.
Tamén puxo dous deberes, un que trataba de encontrar no suplemento animais e plantas e o outro que trataba de facer un esquema dunha noticia sobre as línguas de España.
Diego SANTOS 5ºB
0 comentarios