Blogia
NEN@S de ÁLVAREZ LIMESES

CLASES DE GALEGO 5ºB

Clase de Galego 10 de MAIO

Clase de Galego 10 de MAIO

Hoxe na clase de Galego, a profe fixo fotos  dos obxetos que nos trouxeramos doutros países.

Eu trouxen unpeluche que me trouxo o meu irmán de PARÍS, unha postal de Roma eun obxecto de Canadá que atopeime esta mañá no meu portal.

Despois de face-las fotos , tiñamos que decirlle ós nosos compañeiros de onde era cada cousa e com a conseguíramos.

Logo a profe repartiu o xornal e púxonos debere.

Había un artigo na "Voz de la Escuela" sobre poetas galegos cós seus poemas .

Tiñamos que decir de que trataban eses poemas.

Marta Padín 5ºB

"Tamén no xornal Matías atopou un bebé de foca"

Diego Santos.

Clase de GALEGO 5ºB

Clase de GALEGO 5ºB

 Hoxe no cole na clase de GALEGO, a profe Mela explicounos que ía elexir quen escribiría o diario de GALEGO na Blog.

Preguntoulle a Noelia e díxolle que moi ben pero que lle faltaban datos. E como Daniel dixo o dato que lle faltaba o leu él.

Logo o leu seu irmán Diego e Mela elixiu a Diego para que o escribira na BLOG.

Espero que mañá a profe me elixa a mín.

A profe repartiu o xornal e atopamos outro animal máis en perigo de extinción: O urogalo.

Parece que A Voz de GALICIA, ponse do noso lado no noso traballo sobre animais en perigo de extinción en GALICIA.

Máis tarde subimos a Informática e correximos os fallos do diario de Inglés e apuntamos os países da comunidade Económica Europea que aparecían nun enlace.

Mentras Noelia leía o diario a profe ensinounos mitas cartas.

Marta LARRUBIA 5ºB

Clase de 5ºB Galego-Inglés

Clase de 5ºB Galego-Inglés

                                                                                                              Luns 8 de MAIO

  Como a profe Mela non puido estar á hora da nosa clase , deixoulle a outra profe as tarefas que tiñamos que facer.

  Mandou poñer os países da Comunidade Económica Europea onde estaban respecto a Europa e con que países limitaban.

   Esto mandounolo facer porque mañá é o día de Europa.

Tamén fixemos o Activity Book.

   Logo, na seguinte hora respostamos a unhas preguntas do libro sobre un texto.

   Ademais, mandou deixar os diarios de inglés na mesa da profesora Mela para correxilos.

   O titular do xornal é :

"O Sergas instala clínicas de Lugo e Ourense a sustituir a médicos afectados por incompatibilidade".

 

                                                                                         Iria Rodríguez Fondevila 5ºB.

A CLASE DE GALEGO de 5ºB

A CLASE DE GALEGO de 5ºB

 Mércores 3 de maio de 2006

Hoxe levei para a miña casa moitísimos deberes,cinco para ser exactos,e para ser o primeiro día despois dos que tivemos de festa xa é un pouco raro.

 Coa profesora Mela falamos sobre as cartas que había que mandar nas vacacións de Semana Santa.  Despois collimos o xornal,  dimoslle un repaso e ó final collimos o suplemento"La Voz de la Escuela" .

Dentro viñan dúas fotografías de animais, unha dun oso pardo e a outra era dun parrulo.

Pero antes de facer nada aprofesora decatouse de que tiñamos que apuntar na axenda unha axuda para ordenadores, iso foi o máis importante das dúas clases.

Tamén puxo dous deberes, un que trataba de encontrar no suplemento animais e plantas e o outro que trataba de facer un esquema dunha noticia sobre as línguas de España.

                                                                                                                          Diego SANTOS 5ºB