Blogia
NEN@S de ÁLVAREZ LIMESES

DIARIO DE 4ºB

DIARIO DE 4ºB

Diario de 4º

Hoxe día venres a profe dixo que tiñamos que escribir todos os detalles que fixéramos no diario.

Hoxe seguimos  có dos países e outros compañeiros meus trouxeron cousas dos sitios onde foron a nai, a avoa, o pai etc.

Díxonos que para o luns os que tiñamos algo dos países tiñamos que traelo.

Tamén dixo que íamos remat-lo  activity book.

 E nos dixo algúns deberes das páxinas do libro,

Logo fumos a  clase de Informática e entramos nuns xogos divertidísimos dixo que había que poñelo en Inglés  pero na casa ti podes escoller o idioma que queiras.

Eu xoguei a un xogo de gañar diñeiro e outro que era de acertar banderas, a un de preguntas e outro de música na que non tiñamos altavoces e non se oía.

 Foron uns xogos moi divertidos.

Tamén dixo que non podíamos darlle a bola do mundo  porque a ese xogo xa xogáramos e para que véramos outros distintos e non fose só o dos avións.

Paseino moi ben na clase de Inglés!

Andrea Requejo 4ºB

“ Eu xoguei cun para aprender cousas sobre Europa e tamén xoguei cunha nave espacial para aprender os números en Inglés, todo en Informática.

Divertido!

Verónica 4ºB

“Un dos xogos era de coller moedas e metelas nun cestiño.

Foi moi chulo!

 Logo tocou o timbre e foi unha pena porque queríamos quedar a xogar aunque espero que no próximo día nos leve.

Paseino moi ben!

Hoxe a profe estivo vendo quen trouxo os diarios e os debuxos desta semana que nos mandara facer da comida favorita, libro favorito, e o xogo favorito ó aire libre.

Do activity book mandounos as páxinas 71 que son do día da nai e recortar as tarxetas das últimas páxinas .

Despois fumos ó ordenador e estivemos xogando cada un ó xogo que quiso.

Eu estiven xogando a un que tiñas que darlle a un dado e según o número que tocaba ías avanzando casillas e depende da casilla que caeras ou  facíante unha pregunta ou quitábante un punto etc

Aldara

Eu xoguei a facer un puzle da catedral de Santiago , non me deu tempo acabalo porque era difícil e xusto tocou o timbre.

Carla

0 comentarios