CLASE DE INGLÉS de 4ºB 10th-5-2006
“Hoxe 10-5-2006, a profesora mandou sacar todo o que tivéramos doutros países e sacoulles fotos un por un ó que trouxemos.
Tamén mandou sacar o activity book para mandarnos un tema e fúmolo facendo ata que nos dixo que fixeramos a fila para ir á aula de Informática.
Fumos, puxémonos na páxina nova e xogabas cunha páxina que trataba dun helicóptero que ía de viaxe por Europa.”
Jose Manuel Mosquera 4ºB
“Hoxe estivemos colocando na mesa as cousas que leváramos doutros países, e a profe estivo sacando fotos .
Cada un tiña que explicar de ónde era e quén fora da sua familia, ou amigos que estiveran neses país.
Despois mandounos facer o tema sete enteiro para xa o Luns acabar o Activity book.
Logo fumos a sala de Informática entramos nunha páxina onde estaban os diarios da clase de 4º.
Tamén lle demos un click a un mapa que había e aparecía o país ó que lle deramos, e cando acabamos de velo estivemos xogando
Tratábase dun helicóptero que tiña que buscar puntos vermellos e uiso era un país pero tiña que ir con coidado porque podía chocar cun avión e volvía ó punto de partida”.
Aldara 4ºB.
“…Onte fumos a Informática e xogamos a un xogo de ordenador .
Era dun helicóptero que recorría Europa e aprendemos os nomes das capitais en Inglés e os nomes dos países . Eu fun a Londres no xogo.
Era moi divertido.
Antes de Informática, dixo que tiñamos que traer cousas doutro pais .
Non facía falta que tiveras ido ti a ese país.”
Anxo 4ºB
0 comentarios