Blogia
NEN@S de ÁLVAREZ LIMESES

CLASES DE INGLÉS 4ºB

DIARIO DE 4ºB

DIARIO DE 4ºB

Diario de 4º

Hoxe día venres a profe dixo que tiñamos que escribir todos os detalles que fixéramos no diario.

Hoxe seguimos  có dos países e outros compañeiros meus trouxeron cousas dos sitios onde foron a nai, a avoa, o pai etc.

Díxonos que para o luns os que tiñamos algo dos países tiñamos que traelo.

Tamén dixo que íamos remat-lo  activity book.

 E nos dixo algúns deberes das páxinas do libro,

Logo fumos a  clase de Informática e entramos nuns xogos divertidísimos dixo que había que poñelo en Inglés  pero na casa ti podes escoller o idioma que queiras.

Eu xoguei a un xogo de gañar diñeiro e outro que era de acertar banderas, a un de preguntas e outro de música na que non tiñamos altavoces e non se oía.

 Foron uns xogos moi divertidos.

Tamén dixo que non podíamos darlle a bola do mundo  porque a ese xogo xa xogáramos e para que véramos outros distintos e non fose só o dos avións.

Paseino moi ben na clase de Inglés!

Andrea Requejo 4ºB

“ Eu xoguei cun para aprender cousas sobre Europa e tamén xoguei cunha nave espacial para aprender os números en Inglés, todo en Informática.

Divertido!

Verónica 4ºB

“Un dos xogos era de coller moedas e metelas nun cestiño.

Foi moi chulo!

 Logo tocou o timbre e foi unha pena porque queríamos quedar a xogar aunque espero que no próximo día nos leve.

Paseino moi ben!

Hoxe a profe estivo vendo quen trouxo os diarios e os debuxos desta semana que nos mandara facer da comida favorita, libro favorito, e o xogo favorito ó aire libre.

Do activity book mandounos as páxinas 71 que son do día da nai e recortar as tarxetas das últimas páxinas .

Despois fumos ó ordenador e estivemos xogando cada un ó xogo que quiso.

Eu estiven xogando a un que tiñas que darlle a un dado e según o número que tocaba ías avanzando casillas e depende da casilla que caeras ou  facíante unha pregunta ou quitábante un punto etc

Aldara

Eu xoguei a facer un puzle da catedral de Santiago , non me deu tempo acabalo porque era difícil e xusto tocou o timbre.

Carla

CLASE DE INGLÉS de 4ºB 10th-5-2006

CLASE DE INGLÉS de 4ºB 10th-5-2006

“Hoxe 10-5-2006, a profesora mandou sacar todo o que tivéramos doutros países e sacoulles fotos un por un ó que trouxemos.

Tamén mandou sacar o activity book para mandarnos un tema e fúmolo facendo ata que nos dixo que fixeramos a fila para ir á aula de Informática.

Fumos, puxémonos na páxina nova e xogabas cunha páxina que trataba dun helicóptero que ía  de viaxe por Europa.”

Jose Manuel Mosquera 4ºB

 

“Hoxe estivemos colocando na mesa as cousas que leváramos doutros países, e a profe estivo sacando fotos .

Cada un tiña que explicar de ónde era e quén  fora da sua familia, ou amigos que estiveran neses país.

Despois mandounos facer o tema sete enteiro para xa o Luns acabar o Activity book.

Logo fumos a sala de Informática entramos nunha páxina onde estaban os diarios da clase de 4º.

Tamén lle demos un click a un mapa que había e aparecía o país ó que lle deramos, e cando acabamos de velo estivemos xogando

Tratábase dun helicóptero que tiña que buscar puntos vermellos  e uiso era un país  pero tiña que ir  con coidado porque podía chocar cun avión e volvía ó punto de partida”.

Aldara 4ºB.

 

“…Onte fumos a Informática e xogamos a un xogo de ordenador .

Era dun helicóptero que recorría Europa e aprendemos os nomes das capitais en Inglés e os nomes dos países . Eu fun a Londres no xogo.

 Era  moi divertido.

Antes de Informática, dixo que tiñamos que traer cousas doutro pais .

Non facía falta que tiveras ido ti a ese país.”

Anxo 4ºB

  

4ºB Monday the 8th of May

4ºB Monday the 8th of May  

"Hoxe a profe díxonos que trouxéramos cousas que tiveramos por casa de algún país que non sexa España e entre todos faremos un traballo.

Non fomos a Informática pero dixónnos a profesora Mela que habia unha páxina para debuxar, que eu non me acordo cal era.

Despois nos mandóu copiar na libreta de apuntes catro reloxos con a media, en punto, e cuarto e menos cuarto.

De seguido na mesma libreta pusimos o que facemos no día por exemplo:

 Me levanto,desayuno e a qué hora o realizo.

E por último mandounos para casa o ejercicio 3 da páxina 32 do Activity.."

Verónica 4ºB

“…como o día seguinte o Martes era o día de Europa, dixo que trouxéramos cousas de outros países que non foran España e se pudieran ser da Comunidade Económica Europea. Aclarou as dúbidas de compañeiros que lle preguntaban, o tipo de cousa que podrían traer…

Copiamos tamén os verbos da lección na libreta…..”

Santiago Martínez 4ºB

 

CLASE DE INGLÉS de 4ºB II

CLASE DE INGLÉS de 4ºB II

 Venres 5 de MAIO DE 2006

"Hoxe a profe estivo vendo quen fixo o diario e os Activity books. Algúns nenos leeron en voz alta o seu diario para que os demáis correxiran-completaran o que lles faltaba... "

Aldara 4ºB

"...eu fixera todo o que nos mandou, só que o Activity quedoume na casa.

Tamén recordounos, que a partir do Luns , tiñamos que levar (os que tiveramos) cousas de outros países , porque o Martes é o día de Europa.

A profe escolleu os diarios de Icíar, Carla e Rubén para poñelos na BLOG do cole.

A ver si algún día escolle o meu¡"

Marta 4ºB

"...logo  díxonos que para a semana que ven os catro debuxos do libro-album de fotos eran:

a nosa comida favorita, a nosa bebida favorita, o noso libro preferido, e o xogo ó que máis nos gustaba xogar ó aire libre"

Pablo Lloveres 4ºB

                                                                  Mela dixo...

 Podedes repasar - aprender os nomes dos países que forman a comunidade económica Europea se buscades no artigo inicial de Benvida , a bandeira da Comunidade Económica Europea. Este mapa interactivo tamén axudavos cós nomes dos países Europeos en Inglés.

CLASE DE INGLÉS de 4ºB

CLASE DE INGLÉS de 4ºB

“Hoxe a profe de Inglés dixolle a Lloveres que fixera un traballo fantástico cós BUGS.
En clase estivemos cós ejercicios do Activity book do tema dos bichos.
Tamén estivo pedindo as imaxes que mandara facer para a casa: as caras exresando emocións  de repaso da unidad .                                 

                                                ChuloLlorandoAvergonzadoSin
                                                 TristeInocenteBesoRiendo
                                                 ForradoBocaSonrienteSorprendido
                                                 {$lang_emotions_tongue-out}IndecisoGuiñoEnfadado
Ensinámoslle  ademáis os catro debuxos desta semana para o libro-album de fotos,nosa casa-edificio, plano distribución, o noso cuarto e cousa preferida da nosa habitación.
Díxo que foramos buscando na casa obxetos, cousas de países extranxeiros porque íamos traballar con eles a seguinte semana.
Tamén dixo que xa estaban en Internet as fotos que fixeramos na Biblioteca para oProxecto do  zoo de chenilla”.
Carla  4ºB
“A profe recordounos que para o día 15 teremos rematado o activity book .
Está ben facer este diario porque así logo a fín de curso sabes o que fixeche.
Algúns compañeiros non tiñan rematadas as tarefas eu sí, aínda que colorei o plano e non tiña que colorealo. Veu si tiñamos todo-los deberes feitos.
 Foi un bo día de traballo e paseino ben."
Izíar 4ºB

 O traballo que fixo LLoveres , que nos ensinou  tiña os nomes dos bichos en castelán, galego, o seu nome cientíco en la tín e en inglés.

Eu tamén ensineille os folletos da viaxe que fixo a miña avoa a Londres que teño que volver traelos a semana que ven.

 Non tivemos tempo tempo de ir a Informática porque tocou o timbre"

Rubén 4ºB

                                                                                                              Mela dixo.....

 Non só foi fantástico o traballo de Pablo Lloveres,  moi completo e que fixo moito do que nos íamos facer na clase de Informática. Ademáis trouxo os enlaces das páxinas que utilizou, para que vos tamén podades consultalas dende casa.Esta é a páxina cós nomes en Latín e Inglés. Nesta outra que temos nos nosos enlaces "a vida nos ríos galegos"atoparedes os nomes en Galego.

Noraboa a todos porque vai crecendo o noso diario, pero xa sabedes que aínda que sexa pouquiño xa vamos a empezar a escribilo en Inglés.

Podedes repasa os días da semana e os meses nesta outra páxina  coa axuda do canciño Bob.