CLASE DE PLÁSTICA 6ºA
Venres 28 de abril de 2006
O venres, a profesora Mela ensinounos a facer animais de alames de Chenilla.
Na clase de Inglés dérannos antes as instruccións para facer "Four legs animals" copíamolas na libreta a modo de dictado e leemos as instruccións en voz alta para que ela fora facendo o animal:
"First the head, the nose, face and the ears.....with half of the wire.
Then, the body with the other part of the wire.
Last the four legs"
Despois, deunos uns alames para facer uns animais mariños de Galicia, e repartiu os alames de distintas cores para cada un.
Tiñamos que apuntar como os fixemos na libreta de Inglés.
Logo, vimos para a clase de informática e entramos en `Tux Paint´.
Alí fixemos distintos debuxos cos selos, coas figuras máxicas, borramos…
Hoxe dixo que íamos entrar en `Tux Paint´ e utilizar as imaxes dos murais que fixemos de cada estación e pegarlle os animais que houberanos selos que corresponderan a esa época do ano, a poder ser feitos por nos o do zoo de chenilla, traballos antrriores nosos do Proxecto "Libros que medran" feitas por compañeiros de outros cursos.
Sara 6ºA
Mela dixo.....
Os amigos da Escola de caracois mandáronnos un enlace a unha páxina donde podedes facer debuxos moi chulos.
Se vos gustan non esquezades visitar a sección de comentarios na sua BLOG, para que eles o saiban.
Sara só esquezeu poñer que o próximo día imos "reciclar" as máscars que fixemos para o Entroido.
Non esquezades traer cola,brochiña ou algo para aplicala , e tela ou lana que teñades por casa.
6 comentarios
Jordan 6 -
Mela -
Xa intentei reducilas con photoshop pero aínda así non me deixa. Si alguén sabe como solucionalo estaríavos moi agradecida.
Bicos e grazas polos vosos comentarios.
Paco -
Mela -
Nos atopamos uns similares na tenda "Manualidades Arte" que temos enfrente do noso cole en Pontevedra e tamén traballamos cós "limpiapipas" que podes atopar en caquel estanco.
Unha compañeira comentoume que ela hai anos compraraos en SANTIAGO en "Aula 25".
Os que él nos mandou son moito máis longos e brandiños que os que nos atopamos pero son máis difíciles de conseguir.
En canto podamos poñeremos as imaxes do noso "zoo particular" e veredes que se poden facer animais ou outras cousas increibés¡¡¡¡¡
escola de caracois -
http://www.nga.gov/kids/zone/zone.htm
marta -