Blogia
NEN@S de ÁLVAREZ LIMESES

T.I.C

ENCERADO DIXITAL

ENCERADO DIXITAL

 Hoxe moitos probáchedes o encerado dixital.

Aínda queda a sesión de mañá antes de rematar as clases e lembrade que podedes "descargar" o software dende a casa para practicar e crear novas actividades.

Na nosa sección de enlaces T.I.C en encerado dixital tedes que "baixar" SMART NOTEBOOK.

  Lembrade que para crear vos as actividades  : PUZLES, SOPAS DE LETRAS...etc  como os que fixemos na clase con CLIC necesitades JClic author.

 Xa casi temos rematadas as nosas imaxes que aparecerán nas BLOGS  que temos para cada nivel e que axiña poñeremos como enlace nesta BLOG.

 Dende elas poderedes descargalas na casa para facer novos selos para usar con tux paint pero antes teredes que facer os fondos transparentes e gardalas en formato png como aprendemos na clase.

 Podedes facer máis na casa escaneando os vos debuxos e se queredes compartilos traédelos a clase.